Presentación de Memorias dunha vaca marela de Afonso Eiré, en Lugo

Fecha 14-06-2018
Hora 20:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Presentación de Memorias dunha vaca marela de Afonso Eiré, en Lugo.

O vindeiro xoves 14 de xuño Afonso Eiré presentará en Trama o seu libro Memorias dunha vaca marela, que foi editado por Hércules de ediciones.
O autor estará acompañado por Elías Somoza, coordenador do sindicato Fruga.

Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial. Desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica; desde o pacer no monte, a aparición do pastor eléctrico e a estar todo o día estabuladas; desde a chegada das vacas pintas, á desaparición das vacas marelas.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×