Presentación: Corpo de Antiochia, de Tamara Andrés en Lugo

Fecha 9-12-2017
Hora 12:00
Lugar
1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 1 1 Flares ×

 

Presentación: Corpo de Antiochia, de Tamara Andrés en Lugo

O Club Cultural Valle-Inclán presenta o poemario Corpo de Antiochia, de Tamara Andrés, publicado por Galaxia, na súa colección Dombate.

Acompañarán á autora o xornalista e poeta Héctor Acebo e Tonina Gay polo Valle-Inclán.

Tamara Andrés naceu en Combarro, Tamara Andrés naceu en Combarro, é graduada en Traducción e Interpretación pola Universidade de Vigo e titulada no Máster en Estudios da Literatura e da Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. Premio de Poesía O Facho, colabora en diversas páxinas dixitais.

A AUTORA

Tamara Andrés (Combarro, Poio, 1992), é graduada en Traducción e Interpretación pola Universidade de Vigo e titulada no Máster en Estudios da Literatura e da Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. Premio de Poesía O Facho, colabora en diversas páxinas dixitais.

Posiciónase sempre na palabra e na súa medida. É poeta, narradora e tradutora. A comezos de 2015 publicou o libro Amentalista, unha particular homenaxe a René Magritte. Nese mesmo ano gañou o Premio de Poesía O Facho con Nenæspiraes, libro editado por Medulia cun prólogo de Lucía Fraga. Posteriormente, textos seus foron premiados con diversos galardóns e publicados en obras colectivas, como en Wine&Roses (Le Tour 1987) ou na antoloxía No seu despregar (Apiario). Actualmente vén de publicar o poemario Corpo de Antiochia —que contén un limiar de Héctor Acebo— na Editorial Galaxia e, alén do labor docente, prepara a súa tese na Universidade de Vigo arredor da poesía e da tradución.

 

O PRESENTADOR

Héctor Acebo (Santiso de Abres, 1987) é poeta, xornalista e Doutor en Xornalismo —coa tese La metáfora en la poesía de Antonio Martínez Sarrión— pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora nos medios do Grupo El Progreso (El Progreso de Lugo, Diario de Pontevedra, Galiciaé, La Comarca del Eo). En 2011, publicou o poemario Camas de hierba (Ediciones Vitruvio). A súa lírica foi antologada nas obras colectivas Amores infieles (2014), La primera vez… que no perdí el alma, encontré el sexo (2015) e Amor fou (2016), editadas por Sial-Pigmalión. Este mesmo ano traduciu ó castelán as cantigas medievais de Martín Codax, para un volume colectivo que editará proximamente a Universidade de Vigo.

 

Publicidad

1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 1 1 Flares ×