Noticias de Hoy
Pinchacarneiro cafe e compania en Lugo
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 30/09/2016

Pinchacarneiro café e compañía en Lugo

Pinchacarneiro café e compañía en Lugo.

Formamos unha compañía de teatro adicada ó teatro en galego seguindo unha liña moi persoal. Caracterizámonos por axustarnos a unha temática centrada no humor que nos só podemos chamar "Humor Pincha"; humor absurdo, sátira, retranca, innovación son algunhas das características que definen a nosa liña de traballo.

Non temos ningunha pretensión sobre como ensinar a facer teatro, simplemente crear un espectáculo persoal que guste ó publico.

Currículo da compañía

2009-10: “Policia” (Slawomir Mrozeck, adaptación de Cándido Pazó). Gañadora do premio á mellor interpretación masculina (Saúl Piñeiro) na XI Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

2010-2011: “A Comedia do Gurgullo” (Plauto, versión de Celso Parada).

2011-2012: “Baixarse ao moro” (Adaptación da obra de José Luis Alonso de Santos). Gañadora na XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia dos premios á mellor dirección (Alberto Martínez), mellor interpretación masculina (Ramón Insua) e mellor interpretación femenina (Natalia Ibáñez).

2012-2013: “Proxecto 45” (David Carrera e Pinchacarneiro teatro). Gañadora do 2º PREMIO do certame Xuventude Crea 2013. Ademáis do premio á mellor interpretación masculina (Ramón Insua), mención especial á interpretación femenina (Natalia Ibáñez) e mención especial ó vestuario (Marta Gómez e Natalia Ibáñez) na XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

2013-2014: "Tralo telón" (David Carrera, Pinchacarneiro e colabboradores) 2º Clasificado do Xuventude Crea. Gañadora na XV Mostra de Teatro Universitario do premio ó mellor actor (Ramón Insua), mellor actriz (Marta Gómez), mellor dirección e mellor espectáculo. 2º Premio doXVII certame Candilejas- Don Bosco.

2014-2016: Vilar de Inferno (David Carrera)

Se xa nos viches representar, sabes a que nos referimos, se non, anímate!