Noticias de Hoy
Pacios de Manuel Darriba
Fecha: 27/02/2014
Horario: 19:30 a 19:30

Pacios de Manuel Darriba

Xoves 27 de febreiro de 2014 ás 19:30h
Sábado 1 de marzo de 2014 ás 19:30h

O documental Pacios. As fotos da memoria, de Manuel Darriba, proxectarase no MIHL este xoves, 28 de febreiro, e sábado, 1 de marzo, ás 19:30. A película, que ten pasado por festivais internacionais de Europa e América, narra a experiencia artística do fotógrafo Toño de López na súa aldea natal de Pacios (O Incio), retratando a todos os veciños. Esta serie fotográfica tamén se expón na actualidad no MIHL e foi finalista en 2013 na primeira edición do Outono Fotográfico de Galicia.

Pacios foi escrito, dirixido e producido en 2011 polo escritor e guionista Manuel Darriba, co apoio da produtora independente Tintimán. Un reducido equipo acompañou a Toño de López no seu labor de retratar os últimos veciños da aldea cunha vella cámara de placas. A película explora este peculiar estudo das relacións entre arte, vida e memoria, xunto coa búsqueda do artista das súas raíces persoais e familiares.

Entre 2012 e 2013, o documental viaxou por Europa e América e estivo presente en diversos festivais internacionais: Lucerna (Suíza), Tesalónica (Grecia), Latin Side of The Doc (México), Nordkapp (Noruega) e os certames galegos Festival de Cine Etnográfico (Santiago) e Festival de Cine de Ourense.

A película foi incorporada recentemente á canle temática de documentais do LIFF (Festival Internacional de Lucerna), comercializándose a nivel global en plataformas de vídeo baixo demanda como Netflix ou iTunes e nos modelos de smart-TV de marcas como LG ou Sony.

Por outra banda, Pacios é distribuída en América pola colombiana Metro-TV, que negocia na actualidade a súa emisión en varias canles televisivas do continente.