Noticias de Hoy
cartel baamonde
Fecha: 22/07/2017
Horario: 18:00 a 18:00

Onde está o Mago Antón? En Baamonde!

Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en tres formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?.

Esta nova produción supón unha volta ás súas orixes nas artes escénicas cun espectáculo caracterizado pola recuperación dalgún número dos inicios da súa carreira (entre outros a ventriloquía coa presenza do seu boneco, o labrego Facundo), e a incorporación dalgunhas das súas últimas e anovadoras creacións nas distintas especialidades máxicas: aparicións, desaparicións, levitacións, transformacións, mentalismo, manipulacións, cartomaxia…

O espectáculo concibido para todo tipo de público (de todas as idades e moi axeitado para grupos familiares: netos, pais, avós…) no que se suceden a un ritmo trepidante ducias de xogos de maxia, todos eles de creación propia do Mago Antón.

Web: http://cercud.es/onde-esta-o-mago-anton-

Fecha: 22-07-2017

Hora: 17:00

Local/Lugar: Playa fluvial de Baamonde

Localidad: Baamonde