Noticias de Hoy
I_CATIVOS
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 21/03/2016
Horario: 17:00 a 17:00

Obradoiro de arquitectura para nenos, en Lugo

Nesta actividade, que se desenvolverá en dúas sesións, preténdese achegar aos nenos ao mundo da arquitectura desde un ambiente lúdico, usando os xogos como ferramenta de ensino. Aprenderemos entre outras cousas para ler un plano, como orientarnos, que son as escalas, modos de construción e diferentes materiais, evolución da cidade ao longo da historia. Traballaremos en equipo para fomentar a colaboración e o respecto, experimentando que a unión do grupo fainos ter unhas novas habilidades que como individuos illados non posuímos.

Nº de participantes: mínimo 10, máximo 15
Idades: 6-12 anos
Nº de monitores : 1 monitor da actividade + 1 monitor de apoio
Duración: 2 sesións de 2 horas, horario: 17:00 a 19:00
Prezo (ambos os días): 14 € (se trae a un irmán ou amigo, o 2º neno 12 €)