Noticias de Hoy
Diego Segade Blanco
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 08/06/2019
Horario: 21:30 a 21:30

Mutatio Ensemble: Mudar ou cambiar en Lugo

Mutatio Ensemble: Mudar ou cambiar en Lugo.

Mutatio ensemble é unha consecuencia da simbiose de tres disciplinas artísticas (música, cine e teatro), que coexisten nun novo espazo sonoro para conseguir unha 'mutación' do produto
artístico orixinal. Así pois, a intención do proxecto é aportar unha perspectiva nova e contemporánea das obras de música clásica, elaborando unha relectura que permita fomentar o diálogo e a retroalimentación entre as interpretacións/audiencias históricas e a nosa creatividade actual.

O noso xenoma estrutúrase en dous segmentos moi específicos: por un lado, unha análise
rigorosa das obras en termos tanto musicais como históricos, traballando na súa totalidade e
profundamente sobre o material derivado do seu momento de composición; e por outro, un
espazo creativo no que realizar unha nova proposta que faga vivir esta mesma obra nun
ecosistema diferente, máis preto e máis actual pero totalmente fiel ás súas orixes. O obxectivo é á fin e ao cabo inducir ao oínte a preguntarse sobre os límites temporais da arte, para non velo como un elemento vitalmente efémero, se non como un ente capaz de transformarse, de mutar e de actualizarse.

Diego Segade Blanco
Nacido en Lugo, realiza os seus estudos superiores de viola no Conservatorio de Música do
Principado de Asturias e de Máster en Interpretación Historicista na UAB e ESMUC. Ademais,
recibiu clases de profesores da altura de Jesse Levine, Emil Cantor, Yizhak Schotten, etc.
Desenvolveu unha grande actividade musical con diversas formacións camerísticas como son o
Ensemble Belle Epoque, Il Combattimento ou na actualidade o Ensemble Arriaga. Colaborou coa Junge Philharmonie Thuringia, Radio International American Side, Joven Orquesta Nacional de España, Orquesta Sinfónica Ciudad de Gijón e a Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias, entre outras.

No ano 2014 accede no Conservatorio Superior de Música da Coruña aos estudos superiores de
Dirección de Orquestra baixo a tutela de Fernando L. Briones e amplía a súa formación con Ros Marbá, Andrés Salado e Miguel Romea. Dirixiu a Orquestra 430 de Vigo na celebración da “Noite Branca” e colaborou como director asistente da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia e a Orquestra Gaos.

É cofundador do Festival de Música Clásica Son As Pontes e profesor de viola no CMUS Superior da Coruña.

Brian Rodríguez Cortiñas
Lugo, 1984. Guionista, realizador e editor de vídeo. Licenciado en Humanidades (USC), DEA en Literatura Comparada (USC) e Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de
Contidos Audiovisuais (UdV).

Dende 2013 forma parte do grupo teatral Microefectos Dramatúrxicos en calidade de director,
escritor e pactor. Tamén dirixe e escribe curtametraxes (Cambio de especie, 2013; Italo Disco
Death, 2014; De fiestuki con la peñuki, 2016 e Maullidos de látex, 2018; premio ao Mellor Guión no Festival RiR de Allariz e seleccionado para formar parte de Shorts From Galicia por parte de AGADIC).

Dende xaneiro de 2016 é co-coordinador e técnico audiovisual do proxecto educativo teatral e
audiovisual A Lanterna Máxica. Tamén é un dos coordinadores do colectivo Cinerxias,
comunidade audiovisual lucense.