Músicas Mesturadas 2018 en Lugo

Fecha 13-01-2018 a 19-05-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Músicas Mesturadas 2018 en Lugo.

Nova iniciativa cultural que terá lugar neste primeiro semestre do ano no patio do Vello Cárcere, Músicas Mesturadas, un ciclo de música de fusión.

Programa

13 de xaneiro de 2018 // 20:30h: Fado violado, unha mestura entre o fado e o flamenco, a cargo de Ana Pinhal e Francisco Almeida.

10 de marzo de 2018 // 20:30h: Viviane, unha das voces máis carismáticas e populares da música portuguesa, que mestura fado coa canción francesa.

7 de abril de 2018 // 20:30h: Zaruk, un dúo formado pola chelista española Iris Azquinezer e o guitarrista alemán Rainer Seiferth, que entrelazan música clásica, jazz e sons tradicionais.

19 de maio de 2018 // 20:30h: Tramontana, un grupo formado por tres mulleres, Mathilde Bernard, á arpa, Alejandra Martín, á viola, e a lucense Aurora Pajón, á frauta.

A entrada é de balde ata completar o aforo.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×