Noticias de Hoy
Johannes Geworkian Hellman
Fecha: 09/06/2017
Horario: 22:00 a 22:00

Música ao natural con Johannes Geworkian Hellman (SE) nas Ínsuas, en Rábade

Música ao natural con Johannes Geworkian Hellman (SE) nas Ínsuas, en Rábade.

Utilizando a zanfoña con voz propia, Johannes é coñecido coma un músico apasioado e un artista cunha expresión singular, que ama encontrarse e compartir a sua música coa audiencia. No seu proxecto en solitario Johannes invita ao ouvinte a adentrarse nunha persoal narración musical. Toda a música está composta por Johannes, inspirada en diferentes xéneros e inclúe as moitas cores da zanfoña contemporánea.

Música cinematográfica para zanfoña dende Suecia.

"Johannes leva a sua propia vida a sua maneira de tocar"
- Luke Kenny, da revista Rolling Stone.

Animámosvos a traer algo de comer e de beber para compartilo nunha cea distendida co músico despois do concerto.