A muller, protagonista dos 35 retratos da nova exposición do Vello Cárcere

Fecha 5-02-2018 a 11-03-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

A muller, protagonista dos 35 retratos da nova exposición do Vello Cárcere.

  • Carmen Basadre inaugurou a mostra de pintura, de Ana María Rodríguez, que permanecerá neste centro cultural ata o 11 de marzo
  • Paralelamente terán lugar dous obradoiros de memoria visual, un para nenas e nenos, o 11 de febreiro, e outro para adultos, o 18 de febreiro, ambos os dous de 18:00 a 19:30 horas

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, vén de inaugurar a nova mostra do Vello Cárcere, Tempo de Mulleres, de Ana María Rodríguez Martínez. Trátase dunha mostra de pintura, composta por 35 retratos femininos, que fai un repaso polas mulleres máis destacadas da vida da propia autora, dende mestras e alumnas a amas de casa e políticas. Entre elas destaca a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a edil de Cultura, Carmen Basadre, así como a mesma autora, amigas e outras mulleres recoñecidas na cidade, como a experta en protocolo e NETetiqueta Mar Castro ou a directora do Museo Provincial, Encarna Lago.

Rodríguez, que compuxo esta mostra con pinturas realizadas coa técnica de acrílico sobre lenzo, amosouse orgullosa de poder expoñer no Vello Cárcere e de facelo coa súa particular homenaxe ás mulleres.

Paralelamente terán lugar dous obradoiros de memoria visual, en canto a cor e forma. O primeiro deles celebrarase o 11 de febreiro, destinado a nenas e nenos de 6 a 10 anos, e o segundo, o 18 de febreiro, para adultos, ambos os dous no Vello Cárcere, de 18:00 a 19:30 horas.

A mostra, que é de acceso gratuíto, poderase visitar todos os días da semana ata o 11 de marzo, en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas os luns, e en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×