current_sitelang A PARTIR DE AQUI: Array ( [project_id] => 1 [site_id] => 2 [lang_id] => 1 [lang_code] => es_ES [lang_base] => es/ [domain] => https://ocioengalicia.com/ [base] => lugo/ [custom_lang] => 1 [blogname] => Lugo [active] => 1 [domain_base] => https://ocioengalicia.com/lugo/ [full_domain_base] => https://ocioengalicia.com/lugo/ [redirect_full_domain_base] => https://ocioengalicia.com/es/lugo/ [first_url_remains] => lugo/ev/mostra-de-teatro-clasico-do-2022/15501 ) Mostra de Teatro Clásico do 2022 en Lugo
Noticias de Hoy
1 mostra de teatro clasico lugo_img22354n1t0
Fecha: 11/03/2022 a 27/03/2022

Mostra de Teatro Clásico do 2022

A Mostra de Teatro Clásico do 2022 contará cunha importante aposta polas compañías galegas que no 2020 comezaron a producir obras clásicas, Maite Ferreiro destacou que “este ano chegan obras que contan co apoio do Centro Dramático Galego, como é Arte sen guión, unha das novidades deste ano ao tratarse dun espectáculo de improvisación”. A área de Cultura achega este ano o teatro á rúa e a outros lugares, como o Vello Cárcere, aínda que a programación continuará maioritariamente no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Programación XXI Mostra de Teatro Clásico

Venres 11 de marzo:

  • “El Busclown” de La Escalera de Tijera.
  • Gustavo Freire. 20,30h.

Sábado 12 de marzo:

  • “La escuela de los vicios” de Morfeo Teatro.
  • Gustavo Freire. 20,30h.

Martes 15 de marzo:

  • “El perro mutante del hortelano” de Emma Lobo.
  • Vello Cárcere. Dous pases; 18.30 e 20.30h. Gratuíto.

Xoves 17 de marzo:

  • “Lázaro” de Leamok.
  • Gustavo Freire. 20,30h.

Venres 18 de marzo:

  • “Noche de Reyes” de Ur Teatro.
  • Gustavo Freire. 20,30h.

Sábado 19 de marzo:

  • “Macbeth” de Gabriela Cortés.
  • Gustavo Freire. 20.30h.

Domingo 20 de marzo:

  • “Fuenteovejuna” de Sol y Tierra.
  • Gustavo Freire. 18.30h. Público familiar.

Xoves 24 de marzo:

  • “Arte sen guión” de Galeatro e CDG (Espectáculo de improvisación).
  • Gustavo Freire. 20.30h.

Venres 25 de marzo:

  • “Othello” de Voadora.
  • Gustavo Freire. 20,30h.

Sábado 26 de marzo:

  • “Quen ocupa esa cadeira. Clásicos” de Palimoquiños.
  • Praza Maior (En caso de choiva no Vello Cárcere). 12h.
  • “Ubú Le Roi” de Los Sueños de Fausto.
  • Gustavo Freire. 20,30h.

Domingo 27 de marzo:

  • “Pulgarcito” de Teatro Paraíso.
  • Gustavo Freire. 18.30h. Público familiar

Entradas e bonos

A área de Cultura pon á disposición da veciñanza un bono para 8 representacións cun prezo de 35€.

As entradas teñen un prezo de 8€ na zona A e 6€ na zona B, e contarán con descontos para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG, quedando as entrdas en 5€ para a zona A e 3.75€ para a zona B.

As representación para público familiar, Fuenteovejuna Pulgarcito, non estarán incluídas nos bonos, e terán un prezo único de 5€ por entrada.

El perro mutante del hortelano non precisará de entrada, e accederase por orde de chegada ao Vello Cárcere. O mesmo acontecerá con Quen ocupa esta cadeira, orixinalmente prevista para a praza Maior, e que no caso de choiva será trasladada ao Vello Cárcere.

mostra de teatro clasico lugo_img22354n1t0