Noticias de Hoy
Moendo Muineiras en Lugo
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 25/04/2017
Horario: 21:30 a 21:30

Moendo Muiñeiras, en Lugo

MOENDO MUIÑEIRAS, en Lugo. Espectáculo no que se mesturan a partes iguais teatro, baile e música.

Este é un espectáculo que xira ao redor da muiñeira, no que se mesturan a partes iguais teatro, baile e música. Os protagonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa, levados por unha apaixonante trama ao ritmo da zanfona e o clarinete.

Que pasaría se recibises unha carta anunciándoche que herdas un antigo muíño? Unha parella de mozos urbanitas ve cambiada a súa vida ao volver ás súas orixes. Uxía, moza de Brais, herda un muíño de Xosé, alcumado O muiñeiro. Neste muíño, pasarán cousas aparentemente inexplicables, que pouco a pouco iranse comprendendo ata descubrir a historia dos seus verdadeiros avós, Sofía e Xocas. Unha historia de amor, de vida, de baile e de música acontecida en 1936 entre fariña e muiñeiras.