Noticias de Hoy
microefectos
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 31/05/2018 a 01/06/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Microefectos Dramatúrxicos celebra cinco anos en Lugo

Microefectos Dramatúrxicos celebra cinco anos en Lugo.

Os pases desta sesión celebraranse o xoves 31 de maio e o venres 1 de xuño cos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas

Logo de tres meses dende a última sesión Microefectos Dramatúrxicos volta este xoves e venres ao Clube Clavicémbalo en pases de 20:30 e 22:30. Esta sesión será moi especial porque, ademais de representarse catro pezas novas (todas elas escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo), celebrarase o quinto aniversario do grupo. Haberá, polo tanto, numerosas sorpresas e agasallos.

Microefectos pon en escena pezas duns 15 minutos de duración nas que se contan historias da vida mesma para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

O proxecto comezou en maio de 2013 na sala Velvet Underground e en novembro dese mesmo ano mudou ao Clavicémbalo. Ao longo destes cinco anos fixéronse 40 sesións (nun primeiro momento mensuais e logo trimestrais), dúas montaxes de longa duración (Que vai ser de nós! e Maltratadas) e, en total, representáronse 160 micropezas das que 149 foron de produción propia.

Orgullo e antirradiación: escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretan: Anxo Manoel, Isa Herrero e Conchi Madrina.

No diga DOGA diga SIDA: escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Conchi Madrina, Raquel López, María Grandío e Brian Rodríguez. Brocheta de rata: escribe e dirixe Isa Herrero. Interpretan María Grandío, Anxo Manoel, Elena Velasco e Brian Rodríguez.

La costra (Pero… ¡por favor!): escribe e dirixe Brian Rodríguez.

Interpretan Isa Herrero, Conchi Madrina e Brian Rodríguez.