Mercadiño de Troco en Lugo

Fecha 21-02-2018
Hora 17:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Mercadiño de Troco en Lugo.

Horario: Mércores 21 de febreiro de 17:00 a 20:00hr.

Unha vez máis, Bico de Grao xunto co Banco de Tempo de Lugo, propoñémosvos unha nova xornada de intercambio. 

Podedes traer todo aquilo que non usades (pero limpo e en bo estado) e levar todo o que precisades.

Intercambiaremos roupa, electrodomésticos, libros, xogos e bonecos, música, accesorios… todo o que sexa susceptible de ser reutilizado será benvido.

“O TROCO é unha revolución emerxente en tempos de crise. É un sistema de mercado alternativo no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda, promovendo hábitos de consumo responsable e evitando o gasto de diñeiro”

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×