Merca e Gaña en Lugo

Fecha 6-12-2017 a 6-01-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Merca e Gaña en Lugo

  • É a campaña de sensibilización cidadá que promove a Deputación a través de todos os colectivos da Federación de Comercio, e coa colaboración do Concello na capital, co obxectivo de impulsar os máis de 5.500 establecementos da provincia
  • Inclúe distintos soportes promocionais para incentivar as compras no comercio local e premios de ata 10.000 euros para reinvestir nos propios establecementos
  • O Deputado de Relacións Institucionais, o Presidente da Federación de Comercio e a Concelleira de Economía presentaron este martes a campaña na capital onde participarán os máis de 700 establecementos existentes que dan emprego a unhas 1.750 persoas

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a Concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto, o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, e o Director Territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez Álvarez, presentaron este martes Merca e Gaña polo Nadal. É a campaña de sensibilización e visibilización cidadá que promove a Deputación a través de todos os colectivos que integran a Federación de Comercio de Lugo, e coa que colabora o Concello na capital, co obxectivo de promover as compras nos máis de 5.500 establecementos de toda a provincia. Faino con distintos soportes promocionais e premios de ata 10.000 euros para reinvestir nos comercios.

Merca e Gaña polo Nadal desenvolverase dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro. Durante estas datas, ademais de incentivar as compras no comercio local con material promocional nas rúas dos 67 Concellos ou en redes sociais co hashtag #nadalmercaegaña; as persoas que merquen en calquera dos establecementos da provincia poderán participar no sorteo de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros. Para elo, débese fotografar o tícket da compra e rexistrala en www.nadalmercaegana.com ou solicitar o seu rexistro ao comerciante. O sorteo ante notario será o 12 de xaneiro. Máis información en www.nadalmercaegana.com.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×