Noticias de Hoy
cartel_lugo_vistese_primavera_2019
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 30/03/2019
Horario: 18:00 a 18:00

Desfile de Moda: Lugo vistese de primavera 2019

Desfile de Moda: Lugo vistese de primavera 2019.

Chega a terceira gala Lugo vístese de Primavera. Trátase dunha gala de moda organizada pola Asociación de Autónomas de Galicia, coa colaboración do Concello e a Deputación de Lugo, coa fin de impulsar o comercio de proximidade e demostrar a súa gran calidade.

No desfile, 23 comercios da cidade mostrarán a variedade e calidade dos seus produtos, a través de 20 modelos adultos e preto de 25 nenos, que desfilarán o día 30 de marzo polos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos. As entradas para asistir son totalmente gratuítas, sendo o aforo de 300 persoas, polo que é necesario solicitar os convites nos establecementos participantes.

Na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos haberá obradoiros infantís, que permitirán ao público asistir cos máis pequenos da casa e que estes se entreteñan durante todo o desfile. Ao finalizar, entre os asistentes sortearanse dous vales de 50 euros e un de 100 euros para gastar nas tendas participantes.

Máis comercios nesta edición

Nesta 3ª edición do Lugo vístese de Primavera, novos comercios únense a esta gala, así desta volta son 23 os comercios que darán a coñecer as súas propostas no mundo da moda: téxtil, calzado, xoiería, peletería e complementos, 18 dos establecementos diríxense a adultos, mentres que os outros 5 son de moda infantil. Os comercios participantes son: Veritas Veritatis, Chis fashion & co, Malizia, Lilas, Cepece, Cuplé, El Armario de QK, Miss Mariquita, Violeta y Chloe, Lugodress, Mariña, Peletería Lucus, Carmen moda, Confecciones García, Urban Foot, Mi Luna, Firi, Opticalia, Miky Moda, Amorissimi, Kucadas, La Compagnie des Petits e Moninadas.

Outra novidade para esta edición é a apertura do desfile a modelos afeccionados ademais dos profesionais, grazas a apertura dun casting celebrado na cidade.