Noticias de Hoy
Lugo, encrucilladaV2 2
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 29/09/2018 a 30/09/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Lugo, encrucillada mundial, dentro do programa de San Froilán

Dentro do programa de festas do san Froilán, que leva dedicando tres anos o día 11 de outubro ao Camiño Primitivo, esta edición o Concello, co obxecto de achegar a historia dos Camiños e da Peregrinaxe á cidadanía, organiza dúas conferncias e dúas andainas de pasos con historia, baixo o título Lugo, encrucillada mundial.

Será a vindeira fin de semana, cunha andaina polo Camiño Primitivo, dende Bascuas a Lugo o sábado, 29; e outro polo Camiño Francés, dende Coeo a Lugo, o domingo 30. Ambos os dous percorridos teñen unha distancia de 10 quilómetros. O punto de partida é a parada do bus urbano, da rúa Anxo López Pérez, ás 10:30 horas. Todas as persoas interesadas en participar neste ruta poden inscribirse de balde na Oficina Municipal de Turismo, ou no 982-25-16-58. O Concello recomenda levar roupa e calzado cómoda, así como auga.

Tamén o sábado, en xornada de tarde, dende as 19:00 horas, o Vello Cárcere acolelrá dúas cnferencias. Unha sobre Os itinerarios xacobeos pola cidade de Lugo: o Camiño Primitivo e o Camiño Francés, a cargo de Xavier Gómez Vila, doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga, e sobre A presenza do Camiño na Cidade de Lugo: infraestruturas e espazos relixiosos, a cargo de Adolfo de Abel Vilela, doutor en Xeografía e Historia. A entrada é totalmente de balde ata completar cabida.