Letras Galegas 2018 en Lugo

Fecha 17-05-2018
Hora 17:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Letras Galegas 2018 en Lugo.

Lugo cantaralle ás Letras Galegas. Así o vén de anunciar a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto a representantes dalgunhas das agrupacións corais e orfeóns que ofrecerán un concerto o propio 17 de maio, nun acto que tivo lugar no patio central do Vello Cárcere.

Durante a presentación, Carmen Basadre enxalzou a figura de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018; escritora, mestra, loitadora, artista e defensora da lingua, ademais de pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. A edil defininiu a Victoria, que naceu en Extremadura e chegou a Galicia cando xa tiña 22 anos, como exemplo de “cando se quere, se pode; cando se quere se pode falar en galego, ensinar o galego, amar o galego; en definitiva, respetar a nosa lingua, que non deixa de ser a nosa forma de identidade como galegos e como galegas”. Así mesmo, a Concelleira tamén amosou o orgullo de que as Letras Galegas se dediquen a unha muller, a cuarta homenaxeada dende a creación da celebración desta data, en torno a Rosalía de Castro; e reivindicou o espazo das escritoras na Real Academia Galega.

Pola súa banda, as corais e orfeóns participantes agradeceron ao Concello que contaran con eles para este acto que homenaxea á literatura galega. Este é a segunda vez que se celebra esta actuación, que arrincará ás 17:00 horas, e recorrerá a rúa Bispo Aguirre e a Praza Maior, seguindo o paseo literario que existe nestes espazos. Actuarán 9 agrupaciósn: a Coral Asociación Amigos do Camiño de Santiago, Cantar Delas, Coral Ecos do Miño Astelu, Coral Polifónica Hospital Xeral, Conxunto Vogal LUgh, Grupo Vocal Solo Voces, Orfeón Lucense, Orfeón Xoán Montes e Coral Xolda. Terá unha duración de 90 minutos e no caso de choiva trasladaranse a actuación ao Vello Cárcere. Contará co xornalista Paco Nieto como presentador do concerto e seis comisionados para a organización.

As obras que interpretán son as seguintes: en primeiro lugar, diante da estatua de Álvaro Cunqueiro, a Hospital Polifónica Hospital Xeral Calde cantará San Campio e Quen puidera namorala. En segundo lugar, diante de Uxío Novoneyra, a coral Xoldra entoará Compañeira e Eu de Marín Ausenteime; en terceiro lugar, diante de Curros Enríquez, a Coral Asociación Amigos do Camiño interpretará Do mar pola orela e María Soliña; en cuarto lugar, na estatua de Otero Pedraio, Ecos do Miño actuará coas pezas de O páxaro e Os teus Ollos. Xa en quinto lugar, diante de Eduardo Pondal, será a quenda de Orfeón Lucense, con A nena da fonte e O meu amor mariñeiro.

Continuando, diante de Rosalía de Castro, Solo Voces cantará as pezas Cada noite e O cuco, que repetirá, noutra versión o Orfeón Xoán Montes. Diante de Valle Inclán, Cantar Delas interpretará Cantas sabedes amar amigo e Santa María Estrela do Día. En octavo lugar, na estatua de Castelao, Lugh cantará O sol da primaveira e O Carro.

Xa por último, ante a estatua de Manuel María, o orfeón Xoán Montes entoará Vento Mareiro. Ao rematar terá lugar unha actuación final coas voces de todas as agrupacións, que interpretarán Negra sombra e o Himno Galego.

Programación infantil

Para os nenos e nenas, o Concello programou este xoves un obradoiro de conizudos, a cargo de Viravolta Títeres. A partir das 18:30 horas os nenos e nenas elaboráran, na Biblioteca Municipal, un cabezudo inspirado nos protagonistas da obra de María Victoria Morena, homenaxeada polo día das Letras Galegas, con materiais como cartón e papel. O mércores 16 de maio, á mesma hora nas mesmas instalacións municpais, Soledad Felloza ofrecerá co contacontos María Victoira Moreno: amor pola lingua. A entrada é de balde, pero é preciso retirar invitación previamente.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×