Noticias de Hoy
ConvivioD
Fecha: 08/07/2017
Horario: 12:00 a 12:00

IV Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei

IV Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei

O Convivio da Cultura Galega, arredor da figura e obra de Manuel María, celébrase este sábado na Carballeira de Santa Isabel de Outeiro de Rei

Milesios, Reviravolta, as bandas de música de Begonte-Rábade-Outeiro e de Solfa de Compostela...son algúns dos alicientes que presenta esta cuarta edición do convivio

Programa:

11:00h: Acollida na casa Museo Manuel María.

11:15h: Benvida por parte de Pilar Garcia Negro, en nome de Galiza Cultural, e Alberte, en representación da fundación Manuel Maria.

12:00h: Actuacions das bandas de musica e coros na carballeira.

14:00h: Xantar Demorado. Cada quén trae a sua comida. O espazo conta con mesas e a organización pon as cadeiras.

17:00h: Foliada na carballeira con distintos grupos musicais e aberta a quen quera cantar, tocar e bailar...

 

Convivio Outeiro de Rei