Noticias de Hoy
Fecha: 11/04/2014
Horario: 21:30 a 21:30

II Ciclo de Música Contemporánea MIHLSons-XXI 2014

II Ciclo de Música Contemporánea MIHLSons-XXI 2014, as actividades que se xeran en torno a este ciclo de música terán lugar entre o venres 11 de abril e o martes 22 de maio.

O MIHLSons-XXI nace co obxectivo de crear un espazo que aglutine a artistas procedentes de campos tan diversos como a música instrumental e electrónica, a danza ou a creación audiovisual, dinamizando o campo de acción de diferentes institucións da cidade cun único fío conductor, a arte contemporánea.

Esta edición, divídese en catro seccións: 1- Concertos, 2- Obradoiros de música, 3- Exposición fotográfica e 4- Concertos didácticos.

PROGRAMA COMPLETO

Venres 11 de abril de 2014 ás 11.00 horas no Auditorio Gustavo Freire
Moving into a new age, participa o grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, e o grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesiona de Danza de Lugo. Nos concertos didácticos para escolares que serán dirixido a nenos e nenas dos centros de educación primaria e secundaria da provincia de Lugo e que se calcula que se achegarán uns 800 alumnos e alumnas.

Venres 11 de abril de 2014 ás 20.30 no Auditorio Gustavo Freire
Moving into a new age, participa o grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, e o grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesiona de Danza de Lugo.

Martes 22 de abril ás 20.30 horas no Auditorio do Conservatorio de Música
Aberto, pechado, libre ou atado do grupo The Delightful Companion

Luns 28 de abril ás 19.00 horas no Centro Comercial de As Termas
Moving into a new age, participa o grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, e o grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesiona de Danza de Lugo.

Martes 29 de abril de 2014 ás 20.00 horas na Casa do Saber
Ensemble IXOR interpretarán varias pezas dentro do concerto Visións.

Venres 9 de maio de 2014 ás 12.00 horas no Auditorio do Conservatorio de Música
Concerto O piano e a infancia. Nos concertos didácticos para escolares que serán dirixido a nenos e nenas dos centros de educación primaria e secundaria da provincia de Lugo e que se calcula que se achegarán uns 800 alumnos e alumnas.

Venres 9 de maio de 2014 ás 20.00 horas na Casa do Saber
Concerto O piano e a infancia.

Martes 13 de maio de 2014 ás 20.30 horas no MIHL
Concerto Seven Colours Extensions, no que volverán a colaborar o Conservatorio de Música e da Danza de Lugo.

 

 

Xoves 22 de maio de 2014 ás 17.00 e ás 18.30 horas no Auditorio do Conservatorio de Música
Obradoiro para estudantes de música co grupo The Delightful Companion.

Neste II Ciclo de Música Contemporánea inaugurarase unha exposición fotográfica realizada polo alumnado de fotografía da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, será o xoves 24 de abril e poderase ver ata setembro de 2014 no Hall do Auditorio Gustavo Freire.