Fiestas de Rábade 2018

Fecha 10-08-2018 a 15-08-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Programa de las Fiestas de Rábade 2018. Del 10 al  15 de agosto.

A partir do 31 de xullo de 2018
Competicións deportivas de Baloncesto e de Fútbol Sala no Pavillón Municipal “Eduardo Fernández Villamarín” e na Pista do Campo da Feira

Xoves 9 de agosto de 2018
– Lanzamentos das vésperas
– Finais das competicións deportivas

Venres 10 de agosto de 2018 (RABAFOLC)
Na Prazuela
21.00 h.- Pregón a cargo de D. JESÚS ROBLES CRESPO

  • Estoupido e traca de comezo de festas.
  • Descubrimento do Rei da Chaira polos Cabezudos e os participantes da VI edición de CANTÁMOSCHA
  • Churrascada Popular 

22.00.- XXIV RABAFOLC 
(Coa colaboración da Área de Cultura da Excma. Deputación de Lugo)
“XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA”
“TREIXADURA”
“LIVIAO DE MARRAO”

Sábado 11 de agosto de 2018
– Dianas e Alboradas
14.30 h.- Sesión Vermú coa Orquestra VENEZIA. No campo da feira
18.00 h.-”O SUBIDÓN DOS AVÓS”: 
Subida-carreira polo Ramal á Estación na que avoas ou avós competirán levando ao seu net@ (menor de 6 anos) en “silla”, carriño ou calquera elemento sen motor que garanta a seguridade do nen@. No caso de que non sexa posible que unha avoa ou avó participe co seu net@, poderá facelo outra persoa (de similar idade) previamente autorizada polo pai/nai ou titor. Haberá agasallos para todos os participantes, así coma un 1º premio para o” vehículo” mellor decorado e un 2º premio para o que gañe a carreira. INSCRICIÓNS ÁS 17.30 horas.  Na Prazuela
19.00 h.- Partido de Fútbol entre ENXEBRE RABADENSE E C.D. RÁBADE DE VETERANOS. No estadio Catro Ventos
23.00 h.- Verbena coas Orquestras VENEZIA e CLAXXON. No Campo da Feira

Domingo 12 de agosto de 2018
– Dianas e Alboradas
13.00 h.- Concerto da Banda de O Landro de VIVEIRO, dentro do programa ‘Musiqueando’ da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Na Prazuela
14.45 h.- Sesión Vermú coa Orquestra XACOBEO. No Campo da Feira 
18:00 h.- XX DÍA DA BICICLETA; saída do Campo da Feira e chegada á Praza de España; ao remate haberá sorteo de agasallos e chocolate con churros.
23.00 h.- Verbena coas Orquestras XACOBEO e OS SATÉLITES. No Campo da Feira

Luns 13 de agosto de 2018
21.15 h.- Concerto “UNHA VIAXE NO TEMPO A TRAVÉS DA MÚSICA” da Banda SONS E SOÑOS. Na Prazuela 
23.00 h.- Patrocinado por CAFETERÍA ÁGORA e A CANTINA, Noite Pop Rock con: CARTA DE AJUSTE e EL MERCADO DEL ROSÉN

Martes 14 de agosto de 2018 (DÍA DO RÍO)
– Dianas e Alboradas
– XIRA Campestre ás beiras do Miño*. Haberá carpa cuberta para tódolos comensais * Non se permitirá o acceso de vehículos á beira do Río agás para carga e descarga en horas limitadas
17.15 h.- XVIII ESBATUXADA: Descenso do río Miño en embarcacións de fabricación caseira
23.00 h.- Verbena coas Orquestras ALIANZA e PONTEVEDRA. No Campo da Feira

Mércores 15 de agosto de 2018 (DÍA DA DESCARGA)
– Dianas e alboradas.
13.30 h.- Misa solemne na honra a Nosa Señora.
13.30 h.- FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA; participarán a BANDA DO CALO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA e a BANDA SONS E SOÑOS. Na Prazuela
14.45 h.- Sesión Vermú coa Orquestra HURACÁN. No Campo da Feira
18.30 h.- Cada 5 minutos a Peña O Foguete lanzará unha bomba como preludio á Gran descarga.
19.00 h.- Percorrido do Rei da Chaira dende o Concello a Cantalarrana acompañado pola Banda de Gaitas da Escola Músico Crisanto para a descarga de Pirotécnica, ofrecendo un pequeno concerto en Cantalarrana.
20.30 h.- en Cantalarrana XIV Descarga Pirotécnica CARLOS RODRÍGUEZ NÚÑEZ da Peña O FOGUETE.
23.00 h.- Verbena coa Orquestra HURACÁN. No Campo da Feira
No descanso Sesión de fogos de artificio a cargo de PIROTÉCNICA ASTARIZ

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×