Noticias de Hoy
Festival Galego de Cultura Xorda 2017 en Lugo
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 21/10/2017
Horario: 12:00 a 12:00

Festival Galego de Cultura Xorda 2017 en Lugo

Deputación e Concello impulsan, por 1ª vez en Lugo, o Festival Galego de Cultura Xorda 2017.

  • Será o sábado no Gustavo Freire. Participarán artistas xordos de toda a Comunidade. Haberá música, teatro, danza, monológos... Prevese a asistencia de 300 persoas
  • É unha iniciativa que dende hai 5 anos promove a FAXPG e que, por 1ª vez, acolle Lugo grazas á colaboración que Deputación e Concello lucense prestan a ASORLU
  • As dúas administracións destinan 30.000 euros á contratación de intérpretes e á organización de actividades que favorezan a integración dos 3.000 lucenses xordos

Programa
O V Festival Galego de Cultura Xorda que organizan a Asociación de Personas Sordas de Lugo (ASORLU) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo, contará cunha exposición permanente de artistas xordos de toda Galicia. Ao longo da xornada participarán integrantes de distintas asociacións de todo o territorio galego en diferentes disciplinas: Asociación de Sordos de Vigo (ASV), Asociación de Personas Sordas de Ourense (APSOU), Asociación de Personas Sordas de A Coruña (ASPESOR), Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (AXF), Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela (APSSC), Asociación Persoas Xordas de Pontevedra (APXP).

A programación é a seguinte:
11:00 horas.- Apertura e inauguración do festival.
11:30 horas.- Poesía. Complicidad, de María José Cruz e La Primavera Besaba. Antonio Machado, de Emilia Rodríguez.
12:20 horas.- Presentación do pintor Hipólito Xeada.
12:30 horas.- Monólogo Modo de sonrisa: ON, do artista Chifli.
13:00 horas.- Teatro. Representarase a obra La otra historia de caperucita roja por parte de actores e actrices de AXF.
13:45 horas.- Cortometraje. Sordas de Génesis Lence.
16:00 horas.- Presentación do pintor Pedro Quiñoa.
16:10 horas.- Mimo. Manuel de la Horta con el espectáculo Triste y Contento, y Carlos López con Los cambios.
16:45 horas.- Teatro. A compañía Manos K Ríen representará Cine Mudo. Baile Galego Tradicional por parte de APPSC. Santi Pose e Ignacio Fuente representarán First Dates Deaf.
17:45 horas.- Teatro. La compañía Manos K Ríen representará La gabardina.
18:20 horas.- Ana Senra interpretará a canción A nosa terra.
18:50 horas.- Presentación da pintora Fina Eiros.
19:00 horas.- Teatro. A compañía K Ríen representará Recuerdos.
19:15 horas.- Experiencia persoal. Una visión motera del mundo por parte do austríaco Marko Istvan.
20:15 horas.- Clausura.