Noticias de Hoy
cultururban lugo
Fecha: 21/08/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Festival de arte urbano Culturban

Xa se presentou a segunda edición do festival de arte Culturban, unha mostra de arte urbana que propón explorar, descubrir ou redescubrir a contorna urbana a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade, nun Lugo vangardista, participativo, colorista, amable e culturalmente aberto e activo.

A segunda edición do Culturban comezará co II combate de pintura mural, que se celebrará o vindeiro 21 de agosto, onde participarán 10 muralistas que se seleccionarán segundo a súa traxectoria artística.

As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro 13 de agosto, e as e os artistas interesados en participar deberán achegar un currículo e un dossier cos seus proxectos e traballos máis relevantes.

O 17 de agosto comunicaranse os artistas seleccionados para participar no II combate de pintura mural, que terá lugar entre as 9 e as 18 horas do sábado 21, cunha pausa para xantar. Así pois, comunicarase a temática do combate no momento de inicio do certame. Cada participante recibirá un lote de materiais cos que traballar e afrontar o certame, non podendo empregar outro tipo de utensilios.

O xurado escollerá 3 gañadores, que levarán premios por valor de 1000, 700 e 300 euros. Para máis información ou para calquera dúbida pódense consultar as bases na páxina web do Concello de Lugo.

culturban cartel lugo