Festival Agrocuir 2017 da Ulloa

Fecha 25-08-2017 a 26-08-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Festival Agrocuir 2017 da Ulloa.

O 4º Festival Agrocuir da Ulloa celebrarase o venres 25 (na vila de Monterroso) e o sábado 26 (na Granxa Maruxa) de agosto de 2017.

As entradas aínda non están á venda. Proximamente poranse á venda 1.000 entradas (800 en puntos de venda, e 200 o día do festival) a un prezo de 7 euros.

A venda de entradas realizarase en 

  • Chan da Pólvora (Compostela) 
  • A Arca da Noe (Vilar de Santos, Ourense) 
  • Bico de grao (Lugo) 
  • Discos Portobello (A Coruña) 
  • Amarante Setem (Pontevedra) 
  • Elepé (Vigo)
  • A Cunca (Monterroso) 
  • Pub Outeiro (Palas de Rei).

PROGRAMACIÓN COMPLETA

Venres 25 de agosto de 2017
20.00h. Presentación do Festival.
20.30h. Actuación de Sivia Penide.
22.00h. Actuación de Radio Cos.
00.00 a 02.00h. DJ`s

Sábado 26 de agosto de 2017
10.30h. Apertura das portas.
11.00h. Obradoiro de baile tradicional.
12.00h. Sesión Vermú con Taxugueiras.
13.00h. Actividades lúdico-recreativas.
14.00h. Xantar.
15.00h. Proxección filme LGTBQI + Rural.
16.00h. Conta-contos.
18.00h. Actuación de Rodrigo Cuevas.
19.00h. Manifesto e entrega de premios á visibilidade.
19.30h. Actuación de Mercedes Peón.
21.00h. Peche de portas na granxa. Vila de Monterroso: Cantos de Taberna.
00.00h. Sesión Golfa na Peneda con Moreno-Moreno DJ, Djs Forestal Rubio e maís sorpresas…

Podedes traer a vosa propia comida. Ademais, o festival ofrecerá opcións compatibles con todos os réximes alimenticios, con varios postos presentes na granxa.

Ademais das distintas actividades programadas, facemos un chamamento a que todas as persoas que queiran traian os seus instrumentos.

O Cámping Municipal de Monterroso está situado en A Peneda, lugar no que rematará o festival o sábado de madrugada.
Casa do Río (espazo de encontro. Prezo: a vontade)
Casas rurales, hostales e hoteles en Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla.

INFORMACIÓN XERAL DA 4ª EDICIÓN

O 4º Festival Agrocuir da Ulloa celebrarase o venres 25 (na vila de Monterroso) e o sábado 26 (na Granxa Maruxa) de agosto de 2017. Esta nova edición estará adicada á reivindicación do bosque autóctono e á visibilización das persoas transexuais. 

Neste novo camiño, o Agrogay transfórmase en Agrocuir, termo que cremos que nos axuda a superar os conceptos que habitualmente nos aprisionan en identidades construidas.

Respectemos o que cada unha queira ser –tanto en relación ás demais persoas como á natureza–, abramos o abanico de cores e compartamos un encontro tan máxico como sempre!

O Colectivo Agrocuir da Ulloa, colectivo organizador deste festival, ten como principal obxectivo visibilizar un rural afectivo e sexualmente diverso. Ademáis, aposta por mostrar, defender e dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial, e o ecoloxismo; defendendo a diversidade, tanto social como natural.

Feira, música ao vivo, obradoiros, mesa redonda, cine… darán cor a esta cuarta edición do Festival Agrocuir da Ulloa.

O noso colectivo non ten ánimo de lucro. Tódo-los ingresos obtidos da venda de entradas e merchandising serán destinados a cubrir os gastos do evento.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×