Noticias de Hoy
festiblus 2019
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 22/03/2019 a 30/03/2019

FESTIBLUS 2019 de Lugo

Festiblas 2019 de Lugo.

Quinta edición del FESTIBLUS que se celebará a partir del 22 de marzo en el CLUB CLAVICÉMBALO de LUGO.

Viernes 22 de marzo de 2019
23:30h. The Soul Jacket.

Jorge Mizer: guitarra eléctrica & acústica, lap steel, baixo Fender, piano, percusión, voces; Guillermo Gagliardi: guitarra eléctrica, voces; Mauro Comesaña: batería, percusión, voces; Jann Zerega: baixo Fender & Greco; Xabier Vieitez: Fender Rhodes, Hammond, piano.

Plastic Jail (autoeditado, 2018) é o novo álbum da banda galega gravado en varias sesións durante os meses de abril a xullo do 2018 nos estudios Radar da cidade de Vigo. Con esta gravación á vella usanza The Soul Jacket alcanza a plena madurez pero, sorprendentemente, faino inventando de maneira revolucionaria unha fórmula inimitable de rhythm & blues, rock & roll e southern soul coa que xa sorprendeu a crítica e público no aclamado debut do 2011. Neste cárcere de plástico respírase un ambiente cargado e suorento, escóitase un son compacto, directo e acorde co tempo presente frenético e incerto, que inclúe chiscadelas a bandas como Big Star, John Lennon e os primeiros Heartbreakers, á vez que, neses medios tempos arrebatadores aos que o grupo nos ten avezados, resoan ecos de The Kinks e por suposto The Beatles. Unha volta á esencia máis pura e un paso de xigantes.


Sábado 23 de marzo de 2019
23:30h. Red House

Jeff Spinoza: guitarra, voz; Francisco Simón: guitarra; Carlos Sánchez: batería; Manuel Bagües: baixo.

Red House forma parte da historia viva do blues no noso país. Vinte anos quizais non son nada para un tango pero, no xénero que naceu xunto ao Mississippi, resulta admirable unha aventura tan lonxeva e intensa que pronto cumprirá dúas décadas na estrada. A banda máis célebre do blues rock do noso país visita o Festiblus V cargada de forza e disposta a imprimir no espectador irrefreables ansias de baile. RED HOUSE é resultado dunha longa amizade entre Jeff Espinoza e Francisco Simón. A historia deste tándem remóntase ao tempo no que se coñeceron en España cando membros dos Flying Gallardos. Desde entón, o seu traballo xuntos deu como resultado o desenvolvemento dunha das mellores bandas de blues de Europa: Red House. Froito daquelas vivencias, hoxe, Red House é o grupo ideal onde ten cabida desde o funk soul ata o hillbilly, sempre con ese bluesy touch que tan ben o define e caracteriza. Sería imposible resumi-la súa historia en poucas palabras pero, desde logo, Red House é sinónimo dunha forza e elegancia que só podemos gozar nas súas actuacións en directo, atordándonos coa súa incrible enerxía e bo gusto que fan cada concerto único e inesquecible. Nacido no 98 co lanzamento do disco homónimo, Red House, prodígase estes últimos anos con catro álbums máis, Hold On, Captured Live, Rattlesnake Road e Chihuahua Boogie, que recibiron as mellores críticas por parte da prensa especializada.


Viernes 29 de marzo de 2019
23:00h. The Narts

Carlos Dr. Gilino: teclas, voz; Antón Torroncho: baixo; Plácido Vinseiro: guitarra, voz; Aitor el hijo de Patxi: batería.

The Narts é un grupo formado por catro músicos novos pero cunha contrastadísima experiencia (The Lákazans, Ruxe-Ruxe, Mutant, Nao, Monoulious DOP, Grüvzilla, Anfibia, Jorge Casal, etc.) os cales, exercendo de profesores nunha escola de música, decidiron xuntarse para dar corda ás súas inquedanzas musicais, do que resultou unha curiosa e orixinal mestura que denominaron hard blues. Os seus concertos transfórmanse nunha comuñón entre a banda e mailos públicos todos, nunha vivencia chea de blues, rock e soul e de ganas de bailalos ata o esgotamento.


Sábado 30 de marzo de 2019
23:30h. Massy Ferguson Band

Só cousas boas se poden esperar dunha formación que se bautiza co nome dunha compañía de tractores. Massy Ferguson, enchoupada de música americana clásica, inclínase máis cara ao rock que cara ao country, cun son que flúe facilmente en calquera lugar. Defendeu numerosas xiras ao longo destes anos e firmou no 2016 con At The Helm Records (Reino Unido). «Creo que finalmente chegamos ao núcleo de quen eramos como banda». En grande parte iso ten que ver coa experiencia na escena británica. «O seu último álbum Run It Right Into the Wall toca de maneira sonora aos antiheroes Replacements, Wilco, Son Volt e The Boss como unha homenaxe máis, nunca como una imitación. Teñen un son característico que os fai Massy Ferguson» (No Depression). «Massy Ferguson é o tipo de agrupación esencial para este xénero, edita discos belamente deseñados e dignos dunha audiencia máis ampla» (Americana UK). «O único que sei é que a próxima vez que conduza nunha estrada a ceo aberto coas ventás do auto baixadas Run It Right Into the Wall de Massy Ferguson será o primeiro na miña lista de reprodución» (Elmore Magazine).

festiblus