II Festa Viquinga do Vicedo

Fecha 28-07-2017 a 29-07-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

II Festa Viquinga do Vicedo

Cita turística e cultural que se celebra os días 28 e 29 de xullo na Praia de San Román, recreando un desembarco no asentamento normando

O Deputado de Turismo destacou que “con esta cita potenciamos a actividade económica e turística da zona, pois espérase a participación de máis de 5.000 persoas”.

Rutas de tapas no municipio, mercados, obradoiros para todas as idades ou actuacións musicais son algunhas das actividades desta segunda edición.

Programación
A xornada comezará na Casa da Cultura, o venres 28 de xullo ás 19:30 horas, co pregón do xornalista Ernesto Sánchez Pombo, na que despois haberá unha charla do arqueólogo Iñaki Sagredo. O sábado dia 29 de xullo terá lugar o desembarco a partir das 12:30 na praia de Area Grande, en San Román. A continuación haberá un espectáculo artístico a cargo do dúo Queiman e Pousa. Pola tarde o programa conta con exhibicións de loita, e pola noite baixada ata a praia, onde continuarán as actuacións musicais. Durante os dous días os visitantes poderán desfrutar de rutas de tapas, ambientación musical polas rúas do Vicedo, e poderán contemplar as distintas asociacións viquingas caracterizadas que participan nestas xornadas. Tamén haberá obradoiros para todas as idades.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×