O Concello ten preparado un ambicioso programa de actividades para celebrar a 28ª edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá de Friol, e que nesta ocasión adiantarase ás 9.30 horas a apertura da Feira, así podendo dispoñer de máis tempo para organizar e velar polo cumprimento dos protocolos.
Así, o vindeiro 20 de marzo Friol convertirase un ano máis na capital galega do Queixo e do Pan. “Confío que entre todos conseguiremos que a nosa Feira rexurda de novo para que continúe sendo o maior escaparate turístico e gastronómico de Friol; que axuda a dinamizar de maneira vital a actividade económica local do Concello, especialmente o sector primario; e que se mantén como un dos nosos principais sinais de identidade como Friolenses”, dixo o rexedor friolense José A. Santos.
Este ano reordenan a ubicación dos espacios interiores para cumprir coas distancias de seguridade e as normas establecidas polas autoridades sanitarias e reforzan os protocolos de sanidade, seguridade, limpeza e desinfección, sempre velando pola seguridade dos nosos expositores e visitantes.
Este ano contarán con preto de 90 queixeiras que expoñerán unhas 14.000 pezas de queixos e tamén haberá 5 panaderías de Ousá presentando os seus produtos e cunha previsión de máis de 4.000 pezas de pan expostas.