Noticias de Hoy
1 XXVI Festa queixo san saimon da costa Vilalba 1024x1920
Fecha: 02/04/2022
Horario: 01:00 a 01:00

Feira do Queixo da San Simón da Costa de Vilalba

Vilalba acollerá durante a primeira fin de semana de abril, como é tradición, unha nova edición da Feira do Queixo da San Simón da Costa, unha feira que chega a súa vixesimo sexta edición e que foi presentada esta mañá por representantes da Asociación de Queixeiros, Denominación de Orixe Queixo San Simón e Concello de Vilalba.

Ponse en marcha este ano a feira trala suspensión do 2020 con todo xa en marcha e a edición do ano pasado dunha forma somera cun concurso de receitas.

Este ano volverá celebrarse de novo o concurso de receitas pero con dúas seccións, amateur e profesional, para o que aínda está aberto o prazo de participación ata o 27 de marzo. As persoas interesadas poden descargar o modelo de inscrición. Farase unha revista tamén que se repartirá na feira.

Contarán con dous días de feira, o 2 e o 3 de abril, e desenvolverase na praza da Constitución, onde se colocarán os stands de artesáns e produtos gastronómicos.

O programa dará comezo o sábado día 2 ás 12.30 horas cun showcooking a cargo de Xoanqui Ameixeiras na praza da Constitución e que terá un aforo limitado a 50 persoas.

Ás 16.30 horas será o taller infantil de elaboración de queixos e no que os pequenos aprenderán as maneiras de elaborar un bo queixo San Simón. Máis tarde, ás 18.00, haberá pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Mato Vizoso.

Xa ás 19.00 horas será a quenda do pregón no templete da praza que nesta ocasión corre a cargo de Francisco Sineiro, profesor de Economía Agraria na Escola Superior de Enxeñería de Lugo e investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

O domingo ás 11.00 horas os Buxos VErdes animarán á veciñanza coa súa música e ás 13.00 horas será a ocasión de bailar cos Festicultores. Ademais, durante toda a xornada poderá desfrutar dunha degustación gratuita nunha fooftruck situada na praza.

XXVI Festa queixo san saimon da costa Vilalba 1024x1920