Feira de Emprego Universitario en Lugo

Fecha 19-04-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Feira de Emprego Universitario en Lugo

O certame servirá para poñer en contacto ás empresas cos universitarios a través de expositores informativos, que permanecerán abertos en horario de 9.30 a 18.30. A organización espera unha participación de 20 grandes compañías que operan en España e mesmo a nivel internacional, como poden ser Hotusa, Cafés Candelas, Nortempo, BDO Auditoría, PWC, Softek, Vegalsa-Eroski ou Caixabank.

Ao mesmo tempo, os estudantes e recén graduados, tanto da Universidade como de FP, ademais de darse a coñecer entre as empresas de cara a unha futura relación laboral, terán a oportunidade de mellorar o seu perfil curricular asistindo a diversos obradoiros e actividades, entre elas, sobre oratoria, creación dunha marca persoal, presentación dun mesmo nun minuto e medio, poñer en práctica o aprendido coas propias empresas participantes na feira e gravar a presentación para tela a disposición das firmas. Para poder asistir a estas actividades é preciso inscribirse previamente a través da web www.escueladefinanzas.edu.es

 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×