Noticias de Hoy
mulleres diversas
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 03/12/2018 a 20/12/2018

Exposición: Somos Mulleres Diversas, en Lugo

Exposición: Somos Mulleres Diversas no espazo La Ferretería de Lugo.

Trátase dunha exposición fotográfica organizada pola Asociación Auxilia. Poderase visitar ata o día 20 de decembro de luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Os sábados de 11:00 a 14:00 horas. O sábado 15 organizarase unha sesión vermú de clausura, con música e petiscos.

López Izquierdo destacou que “as mulleres con discapacidade teñen o dobre de trabas, sendo un dos colectivos máis invisibilizados e con máis dificultades a hora de acceder a educación, a saúde ou ao mercado laboral. No Goberno da Deputación somos conscientes deste feito e por iso, nas nosas políticas, tratamos o xénero e a diversidade funcional como liñas transversais para acadar a plena integración de todas as mulleres. E hoxe, día internacional das persoas con discapacidade, temos que apoiar a quen traballa para acadar este obxectivo. Nós no que levamos de mandato, levamos reforzado a actividade dunhas 70 asociacións da provincia, ás que destinamos máis de 2 millóns de euros”

Esta exposición conta con 15 fotografías, “trátanse de retratos naturalistas, onde estas mulleres son absolutas protagonistas, centra nelas a nosa mirada para que sexamos conscientes de que a igualdade é un traballo de todos nós” afirmou a Deputada.

Durante a inauguración tivo lugar un coloquio co nome de “Perspectiva De Xénero Na Diversidade Funcional” conducido por Fernanda Arrojo, Vogal de Muller e Igualdade de Auxilia Lugo; e por Paula Fraga, licenciada en Dereito e autora do blog de teoría feminista: perspectivafeminista.com. Neste de encontro visibilizouse a necesidade dunha óptica de xénero tamén dentro da atención á discapacidade.