Exposición de Manuel Jorge en el Museo

Fecha 14-09-2018 a 11-11-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

O Museo Provincial acolle a retrospectiva do chantadino Manuel Jorge, “Pinceladas de sombra, trazos de luz”, que se exhibe por primeira vez na capital da provincia. Esta colección recolle a obra pictórica do autor, dende 1958 ao 2017, e estará exposta ata o 11 de novembro no Museo Provincial.

Pinceladas de sombra, trazos de luz

O Museo Provincial acolle ata o 11 de novembro a retrospectiva de Manuel Jorge, baixo o titulo “Pinceladas de sombra, trazos de luz”. Na parte do refectorio pode verse a etapa máis figurativa do autor, na meirande parte retratos, e obras relacionadas con Galicia. Aquí, poden atopar familiares e veciños de Chantada, escenas de sucesos da vila, mulleres galegas, afincadas no Mediterráneo, así como personaxes de prostíbulo en contraste con figuras eclesiásticas. E na sala de exposicións pode contemplarse a obra abstracta do autor. Pinturas que dan conta das súas viaxes, e tamén pode verse o paso dunha abstracción máis delicada e paisaxística e outra mais marcada e detallada. Neste apartado faise máis visible a influencias dos trazos arquitectónicos na súa pintura.

Ademais, na sala de audiovisuais proxéctanse dúas pezas, por un lado a entrevista feita no ano 2015, sobre a seu traballo, e un pase de imaxes sobre a súa obra arquitectónica.

Obra recente en Chantada

O Auditorio de Chantada inaugura este mesmo sábado, día 15 ás 20:00 horas, a segunda parte desta colección, que alberga obras pintadas nos anos 2016 e 2017, continuando coa abstracción, o que converte a esta mostra nunha homenaxe á parella do artista, Cristina Snellman, quen acostumaba a pintar obras cheas de luz e cor, compensando así a escuridade dos inicios de Manuel Jorge.

Un artista de 89 anos con máis de 2.000 pezas

Manuel Jorge (Chantada, 1929), pintor prolífico e autodidacta, marchou estudar arquitectura en Madrid, viviu en Menorca e Cadaqués, instalándose finalmente en Xàbia, na Marina Alta alicantina, onde é un arquitecto recoñecido onde vive actualmente. A día de hoxe non ten á venda ningún dos seus cadros que suman mais de 2.000 pezas entre esbozos, pinturas e obra gráfica.

Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada

Esta nova exposición fíxose coa colaboración da Asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada, impulsora desta iniciativa, unha entidade que naceu a raíz da primeira exposición retrospectiva que se fixo do autor en Galicia, e que organizou na súa vila natal, Chantada no 2016. A mostra, titulada: Manuel Jorge. Pinceladas galegas, trazos mediterráneos, coa que se recuperou o seu legado para Chantada. Tras esa exposición creouse esta asociación para que servise ao mesmo tempo, como motor cultural da arte contemporánea na comarca de Chantada.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×