Exposición: Cruceiros Senlleiros da Provincia de Lugo

Fecha 24-11-2018 a 31-12-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Exposición: Cruceiros Senlleiros da Provincia de Lugo.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Presidente da Asociación de amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedras e Petos de ánimas, Fernando Arribas, presentaron no CENTRAD a selección de fotografías relacionadas co estudo dos cruceiros, realizada por esta entidade. A Deputada lembrou que este mesmo sábado día 24, esta mesma sede acolle o X Congreso Galego de Cruceiros de Galicia, co que colabora o Executivo Provincial. Esta colección fotográfica, que se presenta baixo o título Cruceiros Senlleiros da Provincia de Lugo, contén unha selección de 32 imaxes dos cruceiros catalogados no territorio lucense. Ademais, esta acompañada doutra mostra de carácter bibliográfico, relacionada cos Cruceiros Galegos. Estes documentos están distribuídos por provincias, e conta cun espazo destacado para resaltar a figura de Castelao, por ser quen abriu o campo científico dos cruceiros en 1950; e outro con debuxos de cruceiros de Alfredo Eiras, xunto coas actas dos congresos xa celebrados. Pode visitarse no CENTRAD ata o 31 de decembro.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×