Conferencia de Carolina Casal Chico en Lugo

Fecha 13-12-2018
Hora 20:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Conferencia de Carolina Casal Chico en Lugo.

Iconas da Arte de todos os tempos e postergadas cara o futuro nas magníficas obras asinadas polos máis estupendos mestres, as mulleres; deusas, virxes ou adúlteras, damas da alta sociedade ou prostitutas, vestidas e sobre todo espidas; enchen a Historia da Arte e as paredes dos grandes e pequenos museos, mais son moi poucas as que asinan os lenzos colgados neles. Vítimas da discriminación sexista do sistema e da súa historia; escrita desde a desigualdade de xénero que creou a visión universal, aínda imperante hoxe en día, que sostén a ideoloxía patriarcal e o seu relato artístico; as mulleres creadoras e as súas creacións ficaron menosprezadas e silenciadas por unha violenta política de ocultación sistemática, afirmando con ela a dominación masculina da arte e creando unha falsa identidade entre creatividade, cultura, beleza, verdade e masculinidade. Herstory(herstory: a súa historia, dela, da muller artista ou non artista, a nosa historia). Rachando o silencio imposto na Historia da Arte, pretende dar voz e sororidadeao feito artístico asolagado e reconstruír a historia da muller percorrendo os lugares, as tácticas e os motivos do silencio; á vez que transitar por algúns deses momentos nos que a voz da creatividade feminina saíuse da nada, autorescatouse do mutismo, até chegar ao berro que supuxo a primeira arte feminista.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×