Noticias de Hoy
pito pastoril
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 14/04/2019
Horario: 14:00 a 14:00

Concierto proyecto Pito Pastoril en Lugo

Concierto proyecto Pito Pastoril en Lugo.

O pito pastoril galego está a vivir un rexurdimento gracias ao traballo de artesáns,
músicos e investigadores, é por elo que nos atopamos no momento adecuado para
densenvolver un proxecto que difunda o repertorio que se está a crear para pito pastoril
solista e banda de música por parte de compositores e arranxistas galegos.

Dende o Instituto Galego de Estudos do Pito Pastoril, proponse á Deputación
Provincial de Lugo un proxecto cultural para unha materia do Máster en Servizos
Culturais (Lingua para a escrita académida e praxe dos discursos orais), da
Universidade de Santiago de Compostela, impartida por Mar Campos Souto e Ángeles
Rodríguez Fontenla. O documento foi redactado polo presidente do IGAESPI, Efraím
Díaz, como alumno da promoción 2017-2018 do máster, que ademais ben de obter
recentemente a cualificación de Matrícula de Honra (10) ao seu traballo fín de máster
titulado “O Pito Pastoril na Galiza”. A Área de Turismo e Cultura da Deputación
Provincial de Lugo por medio do Centro de Artesanía e Deseño de Galicia
(CENTRAD) decide apoiar o proxecto cultural para maior difusión do instrumento a
mediados do ano 2018.

O proxecto propón diferentes accións nas que se poña en valor as creacións musicais
que están a xurdir arredor do mesmo. O feito de escoller a unha banda de música como
a de Antas de Ulla dalle ao proxecto unha dimensión social que ademais dos ensaios e
dou concertos, un en Lugo e outro en Antas, rematará coa gravación do primeiro disco
para pito pastoril e banda de música do que se editarán 1.000 copias. Así mesmo tamén
se realizarán diferentes obradoiros de iniciación ao instrumento en Antas de Ulla e
mesmo en Lugo cidade, tamén impartidos por Efraím Díaz e destinados a asociacións
culturais ou outros colectivos interesados no instrumento. Parte fundamental do
proxecto é a Banda de Música de Antas de Ulla ten preto de 40 compoñentes de
diversas idades pero na súa maioría xóvenes dirixida por Javier González Borrajo, que
co presente proxecto voltarán a gravar un novo disco.

O proxecto toma como base o traballo anterior realizado polo Instituto Galego de
Estudos do Pito Pastoril (IGAESPI), con concertos onde o pito interviña nunha ou dúas
pezas, coa Banda Sinfónica Infantil de Galicia, a Banda Municipal de Música de Lugo,
a Banda Municipal de Música de Sarria no ano 2016. Un dos hitos anteriores a esteproxecto é a composición da primeira obra para pito pastoril Alto de Sol “O bosque do asubiador” de Juan Durán que é premio Reina Sofía de Composición Musical 2018, estreada en marzo de 2018 por Efraím Díaz e a Banda Municipal de Música de A Coruña no Palacio da Ópera da Coruña.

O Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación provincial de Lugo foi fundado
en 1951 e un dos seus iniciadores foi Paulino Pérez. Precisamente o propio Paulino
Pérez (chamáballe ao instrumento freixolé) xunto con Basilio Carril foi un dos artesáns
que voltaron a construir o instrumento dun xeito que se poidera repetir e cunhas
características mais recoñecibles, aínda que xa outros artesáns traballaron no
instrumento dende finais do século XIX. Algún dos exemplares construídos por Paulino Pérez consérvanse na Colección de Instrumentos Muscais e Obxectos Sonoros do CENTRAD.

Antón Corral que pasou tamén polo Obradoiro da Deputación de Lugo entre 1975 e
1978, logrou modificar as tonalidades de Mi de Pérez e Carril e as adaptou a Re,
tonalidade que facilita o emprego do instrumento con outros, como a zanfona, a gaita
ou a requinta. Os alumnos de Corral, Carlos Corral e Miguel Mosquera, entre outros,
están a traballar dende finais dos anos 90 do pasado século en novas tonalidades,
especialmente Miguel Mosquera que desenvolveu por primeira vez os pitos Altos de
Sol, Soprano de Do, Sopraninos de La e Sol, e Tenores de Re e Mib.