Noticias de Hoy
Concierto de Modulador de Ondas en Lugo
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 25/03/2017
Horario: 13:30 a 13:30

Concierto de Modulador de Ondas en Lugo

Concierto de Modulador de Ondas en Lugo.

Modulador de Ondas é o proxecto dun músico que leva ao directo un repertorio de temas propios utilizando únicamente dous instrumentos: theremin e guitarra eléctrica. Unha inusual combinación posto que se contan cos dedos da man os intérpretes deste intrumento electrónico soviético de principios de século na península (non hai ningún en Galicia).

O theremin é o único instrumento que se toca sen tocar, ten dúas antenas e dun xeito case máxico o músico move as mans dentro do seu radio de acción para modular o son. Esta poderosa combinación guitarra-theremin poténciase co uso de loop stations que permiten facer música a base de capas de son. É en conxunto unha suxerente proposta que se completa a través de imaxes proxectadas, non como un ornamento se non como parte da linguaxe da intervención.