Noticias de Hoy
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 12/12/2016
Horario: 20:00 a 20:00

Concierto de Zoar en Lugo

Concierto de Zoar en Lugo.

A voz galega zoar describe o son do vento cando sopra con forza. Así, deste xeito, consagrámonos a calquera das expresións musicais escritas para estes instrumentos. Coa intención de ofrecer propostas orixinais, novedosas e frescas, interesámonos por todo tipo de repertorio; o tradicional, a experimentación coa electrónica, proxectos pedagóxicos e a música de nova creación.

TRAYECTORIA

Somos Zoar, un conxunto de cámara estable e activo, con formación de quinteto de vento clásico. Xuntos desde 2009 temos actuado en algúns dos mais representativos escenarios galegos, coma o Teatro Colón e Centro Ágora na Coruña, o teatro Jofre de Ferrol ou a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, participando en acontecementos culturais de importancia como a entrega dos Premios da Cultura Galega, o LVI festival da Ópera da Coruña, o Ciclo de Outono do Museo de Belas Artes da Coruña ou o Ciclo Músicas da Ilustración, en Ferrol

Ofrecemos propostas orixinais, incorporando músicas actuales ou descoñecidas, colaborando con outros músicos e cantantes e interaccionando con outras disciplinas artísticas: Títeres Cachirulo, Manuel Rivas, Monicreques de Kukas, Lytos, Alfonso Rivera, Xiana Vilas ou Ana Inés Jabares.

Unha das nosas principais inquietudes é o apoyo á nova creación, aportando así novedades ó repertorio tradicional e dinamizando a vida musical. Proba delo son as estreas que temos realizado das obras de compositores tales coma Gabriel Bussi, Xabier Mariño, Òscar Álvarez, Juan Durán, Paquito D´Rivera, as inminentes de Federico Mosquera, Fernando Buide, así coma de próximas coma Óscar Navarro.

Así mesmo complementamos a nosa actividad artística coa pedagóxica sendo profesores invitados a encontros da Orquesta Clásica de Xove e da Jove Orquesta Nacional de Catalunya.