Noticias de Hoy
vudu
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 22/11/2019
Horario: 23:30 a 23:30

Concierto de Vudú + Atlántica en Lugo

Concierto de Vudú + Atlántica en Lugo.

Vudú, é a banda formada por Belém Tajes e Maritxinha. Esta é a primeira vez que o dúo edite un disco e faino completamente en galego, baseándose en letras tradicionais da música popular galega mesturadas con harmonías jazz e soul, percusións electrónicas e diversos efectos: unha proposta íntima e elegante para grandespequenos momentos.

'Vudú Vol. III' supón o peche dunha triloxía e o inicio dunha nova etapa. Con el, Belém Tajes –teclado e voces- e Maritxinha –baixo e loops- preséntannos o seu primeiro disco editado, cheo de sons máis pop ca nunca, percusións electrónicas e os seus inconfundibles tintes de jazz e soul. Partindo de letras tradicionais que veñen directamente das súas avoas, Vudú atrévese nesta ocasión tamén con ritmos cercanos aos anos cincuenta en temas como ‘Xa me dixo’, a versionar cancións populares como en ‘Unha noite na eira do trigo’ e ‘Eu chorar chorei’ -o seu primeiro single- e tamén a presentarnos propostas de composición propia coma o é ‘Lingua’, que xira arredor das linguas minorizadas.

'Vudú Vol. III' foi gravado en Drum&Roll (A Coruña) e El Observatorio Musical (Madrid). Conta con Nicolás Viéites na produción musical e con colaboradores e colaboradoras moi especiais como Adrián Seijas (Misterioso viaje a Holanda, Xoel López) nas percusións ou Nata Álvarez (Swingdigentes) ao saxofón.