Noticias de Hoy
VIGO430
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 29/04/2017
Horario: 21:00 a 21:00

Concierto de Orquestra VIGO430 en Lugo

Concierto de Orquestra VIGO430 en Lugo.

David Grimal, violín
Dirección: Vicente Alberola
Sibelius: Concerto para violín / Rimski-Kórsakov: Scheherezade 

A Vigo 430 comeza a funcionar no ano 2005, coa premisa de crear un núcleo de corda de calidade na cidade de Vigo para, xa a partir do 2009, abordar progresivamente repertorio sinfónico. Nos seus inicios foi coñecida como Ensemble Vigo 430 debido ao seu interese en potenciar precisamente ese núcleo de corda e no que a presenza das seccións de vento era mínima e os programas a abordar moi centrados na música para orquestra de cámara do clasicismo e o barroco pero con incursións tamén na música contemporánea. A partir do 2009 comezan a incluírse repertorios para orquestra completa, centrándose neste tipo de composicións as súas programacións dende ese momento e pasando a configurarse un núcleo de ventos tamén estable. Cámbiase neste momento o nome a Orquestra Vigo 430 ao entenderse que responde mellor ao espírito e realizade da nova formación. No 2011 comezan a organizarse os seus primeiros ciclos estables de música compostos por programacións de catro concertos coa intención de configurar unha temporada musical. No 2012 créanse as primeiras seccións para atender as necesidades do Proxecto: así en setembro dará o primeiro concerto a Orquestra Xove, unha orquestra dirixida a mozas e mozos e que pretende servir de canteira musical e formativa para aqueles músicos que aspiren a formar parte da agrupación principal. Deste xeito comeza a denominarse a agrupación principal como Orquestra Sinfónica, diferenciándose así da Orquestra Xove. No ano 2014, créase ademais a sección especializada en música antiga, a Orquestra Barroca. Deste xeito queda configurado así o actual Proxecto Vigo 430, unha orquestra conformada por tres grandes formacións: A Orquestra Sinfónica Vigo 430, unha orquestra que aborda música para grandes formacións e integrada por entre 35 e 60 músicos programando música dende o clasicismo ás composicións contemporáneas e coetáneas; A Orquestra Xove Vigo 430, configurada como un proxecto de carácter didáctico no que formar aos máis novos na práctica orquestral admite a mozos e mozas de entre 14 a 23 anos; por último a Orquestra Barroca Vigo 430 é a formación especializada en música antiga, única en Galicia e centrada principalmente no período barroco, integrándoa instrumentistas especializados neste estilo. Froito de todo este traballo de máis de dez anos é o recoñecemento recibido no 2014 ao ser galardoado o proxecto 430 cos Premios Martín Códax na categoría de Música Clásica e contemporánea. A partir do 2015 comeza a súa andadura como orquestra residente do Auditorio Mar de Vigo.