Noticias de Hoy
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 25/10/2017
Horario: 21:00 a 21:00

Concierto de la Camerata OSG en Lugo

Concierto de la Camerata OSG en Lugo.

CAMERATA OSG
Formada en 2013, polo viola e compositor Wladimir Rosinskij, é unha formación estable composta por integrantes do persoal de cordas da Orquestra Sinfónica de Galicia, entre eles algúns dos seus primeiros atrís como Ruslana Prokopenko (principal de violonchelos) e Francisco Regozo (principal de violas). A Camerata OSG naceu co firme propósito de difundir obras para pequena orquestra de cámara intentando abarcar un repertorio o máis ecléctico posible. Actuou en Oviedo (Teatro Filarmónica), Xixón (Teatro Jovellanos), A Coruña (Teatro Colón) e Lugo (Círculo das Artes) coa colaboración de solistas como Thomas Demenga e Amit Peled (violonchelo) e Ilya Kaler (violín).

WLADIMIR ROSINSKIJ
Director de orixe rusa e nacionalidade austríaca, obtivo diploma de honra na Academia Musical de Krasnojarsk en 1986. Entre 1986 e 1995 estudou na Hochschule fur Musik de Viena con W. Klos (viola) e E. Urbanner (composición), período no que obtivo o primeiro premio en Kompositions-Wettberg im Rahmen des 10, Wiener Sommer-Seminars para novas músicas e o Forderungspreis do Bundeskanzleramt de Austria para compositores. Como director traballou con orquestras como a Kammerorchester Arpeggione Hohenems, Ensemble Plus (Austria), Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia, Ensemble s21, Grupo Instrumental Siglo XX, Orquestra de Cámara de Odessa (Ucraína), Orquestra de Cámara de Astrakhan (Rusia), etc. A súa obra foi estreada en salas da relevancia do Musikverein e Concerthaus (Viena), Auditorio Nacional (Madrid), Filharmoníe de Munchen, Auditorio de Tenerife, Palacio da Ópera (A Coruña), Auditorio de Galicia (Santiago), Festspielhaus (Bregenz), Odessa Filharmonie, etc., con directores como Gianandrea Noseda, Josep Pons, Tuomas Olilla, Christoh Eberle, Gerard Korsten e interpretadas por solistas da talla de Hansjjorg Schellenberger, Frank Stadler, David Quiggle, Jensen Lam, Vasill Marian e orquestras como a Wienerkammerorchester, Orquestra Nacional de España, Sinfónica de Galicia, Sinfónica de Tenerife, Vorarlberg Symphonie Orchester, Orchester der Academie St. Blasius (Innsbruck).

Camerata OSG
Violíns 1: Dominica Malec, Yana Antonyan, Mihai Tanasescu, Marcelo González
Violíns 2: Enrique Iglesias, Bea Jara, Stefano Marinescu
Violas: Francisco Regozo, Karen Poghosyan
Violonchelos: Ruslana Prokopenko, Ramon Solsona
Contrabaixo: Antonio Romero