Noticias de Hoy
jungle by night en lugo
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 07/04/2019
Horario: 20:00 a 20:00

Concierto de Jungle By Night en Lugo. Liberdades Sonoras 2019

Concierto de Jungle By Night en Lugo. Liberdades Sonoras 2019.

Jungle By Night é un grupo de nove mozos procedente de Amsterdam que ten convertido moitas pistas de baile en verdadeiros caldeiros: desde Istambul ata Tokio e desde París ata a illa de Vlieland, ninguén pode resistirse á súa arrebatadora enerxía entre krautrock, dance, jazz e afrobeat.

O seu anterior álbum, “The Traveller” (2016), estableceu o seu camiño a través da xungla, penetrándose cada vez máis nun mundo descoñecido. A súa nova referencia, “Livingstone”, publicada novembro do pasado ano baixo a prestixiosa discográfica de música dance e electrónica Rush Hour, abre novas portas na súa poderosa proposta.

Estarán en O Vello Cárcere de Lugo, dentro do ciclo Liberdades Sonoras, dedicado á procura de novos camiños nos xéneros musicais tradicionais, nun concerto ao aire libre ao carón do cárcere, no Cantiño Nemesio Cobreros.

LIBERDADES SONORAS
O programa Liberdades Sonoras, cunha liña clara e definida de contidos diseñada especificamente para o Vello Cárcere de Lugo, propón unha serie de espectáculos que, en contraposición á función do edificio nos seus usos pretéritos, acheguen hoxe á cidade un valor cultural engadido, unha fonte de desenvolvemento e cohesión social, de exploración e de descubrimento.