Noticias de Hoy
Jack Broadbent
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 28/10/2018
Horario: 19:00 a 19:00

Concierto de Jack Broadbent en Lugo

Concierto de Jack Broadbent en Lugo.

O Vello Cárcere acollerá a concerto do guitarrista Jack Broadbent, que actuará por 1ª vez en Galicia, sendo a única data en España.

O concerto será o 28 de outubro, ás 19:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta ata completar aforo. Enmárcase dentro do ciclo Galicia Importa de AGADIC, que tamén chegar por 1ª vez a Lugo coa colaboración do Concello.

O concerto do británico Jack Broadbent, un dos guitarristas máis aclamados na actualidade, actuará por primeira vez en Galicia, dentro do ciclo Galicia Importa da Axencia Galega de Industriais Culturais (AGADIC), que tamén chega por primeira vez á cidade coa colaboración do Concello. A edil fixo o anunciou xunto ao director de AGADIC, Jacobo Sutil, e dous representantes da produtora deste evento musical, Sweet Nocturna, Raquel Seijo e David Lago.

Esta actuación, que será o domingo, 28 de outubro, ás 19:00 horas, a única data que ofrecerá en España, trátase dun concerto distinto nun espazo inmellorable, capaz de acoller dende actuacións de música menos comercial a música de fusión ou tradicional, como se leva vendo ao longo dos últimos meses. A entrada é totalmente gratuíta ata completar aforo.

Jack Broadbent chama a atención pola súa peculiar técnica ao tocar, sacándolle sons á súa guitarra usando unha petaca de whisky vacía. Con gran capacidade de comunicar, a súa forma de transmitir, a súa enerxía e a súa actitude auténtica converteuse en bluesman. En pouco tempo pasou de tocar na rúa a ser reclamado para actuar en importantes festivais de América, Europa, Xapón ou Australia. Broadbent, ao que lle é suficiente coa súa voz e a súa guitarra, á que lle chama Marilyn, conta con 4 discos ás súas espaldas e con concertos con entradas agotadas por medio mundo.