Noticias de Hoy
1
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 16/03/2019
Horario: 20:00 a 20:00

Concierto de Gustavo Almeida en Lugo

Concierto de Gustavo Almeida en Lugo.

Concerto en formato banda, onde Gustavo, ademais de pola súa guitarra, estará acompañado por batería, percusión, baixo, teclado, guitarra acústica, guitarra eléctrica, metais e coros.

Un formato que permite respectar ao 100% a sonoridade do disco, coa dinámica e a versatilidade moi características de Gustavo Almeida.

CUARTO DISCO

2019, ano en que por fin sae á luz o tan esperado cuarto disco do cantante e compositor galaico-brasileiro GUSTAVO ALMEIDA.

Un álbum gravado en Valencia, baixo a dirección de Nacho Mañó, recoñecido produtor de artistas como Alejandro Sanz, Nena Pastori, Presuntos Implicados, entre outros…

Este disco supón un importante paso na carreira de Gustavo Almeida, tanto pola solidez do repertorio, como pola excelencia da gravación.

Este disco xa tivo 3 adiantos nas plataformas dixitais. “Fue de repente”, “El cielo siempre se abre” e “ Foi de repente”. Este último estivo recentemente preseleccionado para os LATIN GRAMMY 2018 na categoría “Gravación do ano”.