Noticias de Hoy
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 14/10/2018

Concierto de Davide Salvado & Pedro Pascual en Lugo

Concierto de Davide Salvado & Pedro Pascual en Lugo.

Davide Salvado é un dos artistas galegos con máis proxección internacional. Leva media vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir.

O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música. Inmerso aínda na xira de “Lobos”, Davide presenta agora un novo formato xunto ao multiinstrumentista Pedro Pascual (Talabarte, Marful), produtor do seu último disco. O acordeón diatónico, a guitarra e o bouzouki dialogan coa voz e as percusións tradicionais para reinterpretar as músicas coas que eles máis disfrutan.

DAVIDE SALVADO PREMIO A MELLOR PROXECTO DE MÚSICA TRADICIONAL NOS
PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2017