Noticias de Hoy
esmorga
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 26/05/2019
Horario: 00:30 a 00:30

Concierto de Berta Franklin en Lugo

Concierto de Berta Franklin en Lugo.

Somos cinco individuos que compartimos unha tolemia pola música que nos ven dende que apenas levantabamos un metro do chan. Somos todos diferentes, pero temos un punto en común, quizáis o máis importante, o obxectivo, a pedra angular do que queremos facer, non é máis que transmitir. Tocarlle a fbra ó público e que sintan todo isto como o sentimos nós mesmos.

Formamos esta banda a mediados de 2016 e dende aquela estivemos cociñando temas sen parar. Démoslles voltas, voltas e máis voltas, ata que por fn, como ave que abandona o niño, sentímonos preparados para enfrontarnos ó escenario e poñer a todo dios a disfrutar.

As nosas infuencias son moi numerosas e espalladas no tempo. Como calquer melómano que se precie, todos nós tivemos etapas. Dalgunhas podemos sacar peito, e outras será mellor que se queden aí onde están, criando polvo nun casete olvidado e rotulado cun "mix 1992". Pero, a día de hoxe, podemos dicir que algúns dos artistas que máis nos gustan son: Richard Hawley, Michael Kiwuanuka, JD McPherson, Wilco...
E despois de toda esta literatura só queda dicir que Berta Franklin somos:

Marcos Vigo - Voz e guitarra
Jesús Iglesias - Guitarra
César López - Baixo
Simón Cuba - Batería Juan Castro - Teclados