Noticias de Hoy
maio 28 massimo spadano
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 28/05/2018
Horario: 21:30 a 21:30

Concerto de Massimo Spadano e Fernando López Pan en Lugo, dentro del Festival de Música Cidade de Lugo 2018

Concerto de Massimo Spadano e Fernando López Pan en Lugo, dentro del Festival de Música Cidade de Lugo 2018.

MASSIMO SPADANO, violín.

Nacido en Lanciano Italia, é membro fundador das orquestras barrocas Camerata Anxanum en Italia, coa que colaborou para a investigación e edición de varios volumes de música barroca italiana, e da Camerata Boccherini en España. Dende 1994, é concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia e dende 1995 é director musical e artístico da Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia. En 2015 foi nomeado novo director titular da orquestra Acadèmia 1750.

Como solista, concertino ou director traballou coa Academy of Ancient Music, Cristofori Ensemble, la Chambre Philarmonique, Concerto Italiano, Les Concert des Nations, L’Ensemble Baroque de Limoges, Orfeo 55, Ensemble Zefiro entre outros... nos festivais e máis famosas salas de Europa, Oriente Medio, Asia, América do Sur e Estados Unidos de América. Gravou para Harmonia Mundi, Auvidis Astrée gañando un Choc Musique, Deutsche Grammophone e Sony.

Toca cun Joseph Albani do 1695 e un Joseph Contreras do 1755.

Fernando López Pan, clave.

Fernando López Pan comeza os seus estudos de clave no Real Conservatorio Superior de Madrid. Continúaos en Holanda baixo a dirección de Jacques Ogg. En París estuda con Kenneth Gilbert e Pierre Hantaï por un período de catro anos. Recibe durante este tempo clases de Ketil Haugsand, Gustav Leonhardt e Christophe Rousset.

Colaborou coa Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Philarmonia de Galicia, English Chamber Orquestra cos directores Helmut Rilling, Neville Marriner, Alberto Zedda, Ros Marbá, Federico Maria Sardelli e Paul Daniels e participou no Festival Mozart e no Festival Internacional de Música de Galicia. Como solista, ofreceu concertos en España, Francia, Holanda, Suecia e Noruega. É membro da Camerata Bocherini que dirixe Massimo Spadanno.

Foi coordinador dos ciclos de Música Barroca da Fundación Pedro Barrié da Maza.