Noticias de Hoy
foto
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 27/05/2018
Horario: 21:00 a 21:00

Concerto de Efrén López (Valencia) e Michalis Kouloumis (Chipre) en Lugo

Concerto de Efrén López (Valencia) e Michalis Kouloumis (Chipre) en Lugo.

O dúo Efrén López Michalis Kouloumis é unha proposta na cal ambos músicos partillan e poñen a disposición da música todas as súas experiencias e destrezas, ofrecéndonos unha experiencia inesquecible de extrema sensibilidade que nos introduce nun mundo único de diversas sonoridades e cores. Acompañados de numerosos instrumentos procedentes de alonxadas tradicións e cun repertorio cargado de achegas persoais e dos repertorios das principais culturas musicais modais no que se exceden as fronteiras a prol da universalidade; o dúo López-Kouloumis sobrepasarán os límites da nosa imaxinación. Como dúo, teñen dado varios concertos polo levante Español así como en Grecia e Chipre e actualmente atópanse inmersos na preparación do seu primeiro traballo discográfico como dúo.