Noticias de Hoy
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 09/06/2018
Horario: 21:30 a 21:30

Concerto de Accademia del Piacere en Lugo, dentro del Festival de Música Cidade de Lugo 2018

Concerto de Accademia del Piacere en Lugo, dentro del Festival de Música Cidade de Lugo 2018.

ACCADEMIA DEL PIACERE

A valentía dos seus innovadores proxectos e a forte personalidade artística do seu director fixeron de Accademia del Piacere o grupo de vangarda da música antiga española e un dos punteiros en Europa, grazas á súa concepción da música histórica como algo vivo, cheo de emocións que os seus músicos interiorizan como propias e transmiten ao espectador.

Nas súas gravacións para Alqhai & Alqhai e Glossa, Accademia del Piacere revelou novos matices en repertorios fundamentais da música histórica como o Seicento italiano, a música española do Renacemento (Rediscovering Spain) ou a escénica do Barroco hispano (Cantar de Amor, dedicado a Juan Hidalgo), e recibiu por iso recoñecementos como o Choc de Classica (Francia), o Prelude Award (Holanda) e o premio GEMA ao Mellor Grupo Barroco español en 2016. Accademia e Alqhai sorprenden ademais visitando territorios artísticos alleos ao historicismo, como nas idas e as voltas, xunto ao cantaor flamenco Arcángel, Giraldillo á Mellor Música da Bienal de Flamenco de Sevilla 2012.

Accademia del Piacere actuou nos escenarios máis prestixiosos da música clásica europea e mundial, como a nova Elbphilharmonie de Hamburgo, el Konzerthaus de Berlín e o de Viena, a Philharmonie de Colonia, a Fundação Gulbenkian de Lisboa, o Auditorio Nacional de Madrid e outros moitos de Holanda, México, Colombia, Francia, EUA, Xapón, Bélxica, Alemaña, Suíza, España, etc.

NURIA RIAL, soprano

Nuria Rial estudou canto e piano na súa Cataluña natal, e posteriormente continuou estudos na Music Academy de Basilea (Suíza) co profesor Kurt Widmer. En 2003 recibiu o Preis der Helvetia Patria Jeunesse Stiftung da Pro Europa- European Foundation for Culture polos seus logros excepcionais como cantante. Actuou nos principais festivais de Europa, e colabora con directores tales como Ivan Fischer, Sir John Eliot Gardiner, Paul Goodwin, Trevor Pinnock, Howard Griffiths, Gustav Leonhardt, René Jacobs, Thomas Hengelbrock, Laurence Cummings, Neville Marriner e Teodor Currentzis, e con conxuntos como Concerto Köln, The English Concert, Kammerorchester Basel, Collegium 1704, Il Giardino Armonico, Les Musiciens du Louvre, Elbipolis Barockorchester, Le Cetra Basel, L’Arpeggiata e Festival Lucerne Strings.

No campo da ópera participou como solista en importantes producións de moitos dos teatros europeos máis destacados, como Eliogabalo de Cavalli (no papel de Eritea) no Théâtre de la Monnaie de Bruxelas dirixida por René Jacobs; L'Orfeo de Monteverdi (Euridice) na Staatsoper Unter den Linden de Berlín con René Jacobs e no Grand Théâtre de Xenebra con Giovanni Antonini; e A frauta máxica de Mozart (Pamina) no Theatre Carlo Felice de Génova. Rial interpretou con frecuencia música barroca con criterios históricos, ademais de se interesar por outros estilos: así, en 2012 interpretou o papel de Nuria na ópera contemporánea Ainadamar de Golijov para o Teatro Real de Madrid, dirixida por Peter Sellars. En 2015 e 2016 volve cantar Pamina coa Budapest Festival Orchestra, dirixida por Ivan Fischer.
Intérprete tamén de música de cámara, Rial adoita actuar con conxuntos como Il Pomo d'Oro, Café Zimmermann e o Nash Ensemble.