Concerto Coanhadeira na Cosechera

Fecha 28-04-2018
Hora 23:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 como unha
banda de música folk entregada a amosar aqueles “restos”
musicais conservados até os nosos días a través da tradición
oral da cultura galega.
Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos
cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e
camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque galegos
e de Europa, como o Festival de Pardiñas (Galicia), A
Carballeira de Zas (Galicia), o Escenario Runas do Festival
Intercéltico de Ortigueira (Galicia), festival da Rebusca
(Galicia), Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de
Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de L”Orient
(Francia), entre outros.
No 2015, lanzan tras un longo período de traballo, o seu novo
álbum: Bicos con luvas, co que pretenden realizar unha nova
achega á música feita en Galicia, facer bailable calquera lugar
e ateigar os escenarios dun poder percusivo, de letras
sorprendentes e atmosferas sutís co selo de calidade propio de
Coanhadeira. Desta volta, a banda non chega soa, contou co
apoio de ducias de mecenas que contribuíron nunha campaña
de crowdfunding para acompañar o grupo nesta nova aposta �discográfica.

 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×