Circuito Larsa Corre con Nós 2013 – 2014

Fecha 24-11-2013
Hora 12:00
Lugar
79 Flares Facebook 59 Twitter 15 Google+ 5 Pin It Share 0 LinkedIn 0 79 Flares ×

Corre-con-nos-2013-2014

Circuito Larsa Corre con Nós 2013 – 2014

Do 24 de novembro de 2013 ao 8 de xuño de 2014

Haberá un total de sete probas, que se disputarán ao longo do ano, intentanto superar as 10.000 participacións que tivo o ao longo do ano pasado. Este ano tamén terá lugar a XI edición da carreira Lugo Monumental e inclúese un novo circuito que será no entorno do Paseo de Ombreiro. A primeira carreira será o domingo 24 de novembro nas Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera. O circuito distribuirase en sete carreiras puntuables para adultos e oito para os máis cativos.

As citas serán as seguintes:

Domingo 24 de novembro de 2013 – Pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera
Domingo 22 de decembro de 2013 - XI edición da Lugo Monumental
Sábado 18 de xaneiro de 2014 – Nocturna Monumental (Praza Maior)
Domingo 16 de febreiro de 2014 – Saamasas-Paseo de Ombreiro
Domingo 16 de marzo de 2014 – Barrio de San Fiz
Domingo 6 de abril de 2014 - Centro comercial As Termas Circuíto
Sábado 10 de maio de 2014 – Parque Recinto Feiral
Sábado 7 de xuño de 2014 – (Final Menores) – Pistas Atletismo Ciudad Cultural
Domingo 8 de xuño de 2014 – (Final Adultos) – Complexo deportivo Frigsa

As categorías menores que discorren entre os nados entre 1999 e 2009, competirán nas categorías Mini, A, B, e C, con distancias comprendidas entre os 500 metros e os 3 kilómetros. Para as categorías adultas, cuxas idades están entre os nados en 1998 e anteriores, as distancias variarán entre os 4,5 kilómetros e os 6,5 kilómetros, dependendo do circuito.

As inscripcións comezan hoxe xoves día 7 de novembro a través de Internet; na web de www.championchipnorte.com para os adultos e rapaces. As inscripcións poderán realizarse ata o vindeiro día 1 de decembro de 2013.

Publicidad

79 Flares Facebook 59 Twitter 15 Google+ 5 Pin It Share 0 LinkedIn 0 79 Flares ×