Circo e Teatro en familia, en Lugo

Fecha 14-01-2018 a 10-06-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Circo e Teatro en familia, en Lugo.

A Concellaría de Cultura organiza por primeira vez a Programación de Circo e Teatro para Público Familiar co fin de crear “un espazo de lecer onde poidan gozar os nenos e nenas cos seus pais e nais”. Haberá cinco actuacións os segundos domingos de cada mes ata xuño, excepto o de febreiro, por coincidir co Entroido:

  • 14 de xaneiro de 2018: Outono, a cargo de Pistacatro.
  • 11 de marzo de 2018: A Danza da Choiva, por Elefante Elegante.
  • 8 de abril de 2018: El Apartamento, de Cirk about it.
  • 13 de maio de 2018: BBcircus, de Asacocirco.
  • 10 de xuño de 2018: O Secuestro da Bibliotecaria, a cargo de Sarabela Teatro.

Todas as funcións terán lugar ás 18:30 horas, no auditorio Gustavo Freire.
O importe das entradas é de 5€ para os adultos e de 2,5€ para os nenos e nenas. Venderanse a través da web entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no auditorio, desde unha hora e media antes das actuacións.

Neste caso, a organización corre a cargo do Concello, en colaboración con Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais) e do programa Apego para o fomento da lingua galega entre os pequenos e pequenas.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×